Mesa redonda sobre rapaces emprendedores

SEVA organizou unha mesa redonda sobre os rapaces emprendedores o 23 de febreiro. A idea partiu do feito da persistencia da crise económica e da existencia de diversas iniciativas entre a xente nova do noso Val para acometer proxectos propios en materia económica ou empresarial.

A mesa redonda tivo lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz e nela participaron Rubén García, copropietario da productora audiovisual Produccións del Noroeste AIR-e S.L. de Lugo, e Amparo Vizoso, que abriu un gabinete psicolóxico na Seara, en Alfoz.

A mesa redonda estivo moderada por Xabier Pardiñas, Presidente do SEVA.

Deixa un comentario