Primeiro Festival de Curtas de Alfoz

Foto: algúns dos participantes en “Malos Tempos”

O primeiro Festival de Curtas de Alfoz tivo lugar nas fines de semana de marzo de 2012, organizado por SEVA, coa proxección de filmes de directores de Mondoñedo, Burela, Cervo e o noso val.

O Certame comezou o día 2 de marzo, con proxeccións de Miguel García, da Produtora “Fin de Semana” de Mondoñedo, unha das persoas que máis se está a mover na Mariña en cuestións de cine. O día 9 tamén estivo dedicado a Miguel García e ás súas producións, nalgunhas das cales tamén fixo de director. Proxectáronse arredor de 10 filmes de Miguel e foi o Vicepresidente da Deputación Provincial, Antón Veiga, o encargado de entregarlle o agasallo pola súa participación neste certame.

O día 16 de marzo estivo dedicado a proxeccións realizadas en Cervo e Burela. Proxectáronse os filmes “Focegos por amor”, de Paco Piñeiro, de Cervo, e “33”, de Matías Nicieza, de Burela. As proxeccións foron precedidas dun coloquio no que participaron os dous directores (Paco Piñeiro e Matías Nicieza), xunto con Ramón Casas, director teatral coa agrupación cultural Ollomao, e Xaquín Domínguez, actor da TVG que interpreta o personaxe de Padre Rodrigo na serie “Padre Casares”.

Finalmente, o día 23 de marzo proxectáronse dous traballos cinematográficos de directores do noso val. En primeiro lugar proxectouse “El hijo del viento”, de Rubén García, e a continuación “Malos tempos”, de Pepe Peinó, filme do Instituto Alfoz-Valadouro que gañara o Primeiro Premio do Certame “Ouff Escola” no Festival Ourencine.

Deixa un comentario