SEVA

O Seminario de Estudos do Valadouro (Alfoz e O Valadouro) (SEVA) é unha entidade cultural, científica, divulgativa e de investigación, de carácter civil, sen ánimo de lucro, independente de todo credo relixioso e de toda filiación política.

Os obxectivos de SEVA son os seguintes:

a) Recuperar, promover e divulgar, no seu máis amplo senso, os valores históricos, etnográficos, artísticos, ecolóxicos, económicos, científicos e culturais do territorio do Valadouro (concellos de Alfoz, O Valadouro e outras terras incluídas no Val).

b) Fomentar o estudo, coñecemento e respecto de ditos valores, a través de todo tipo de actividades, como cursiños, conferencias, seminarios, recitais, simposios, congresos, ciclos culturais, excursións, exposicións, proxeccións e demais actos de natureza análoga.

c) Formar un fondo documental, gráfico e bibliográfico sobre o territorio do Valadouro, reunindo a partir dos organismos oficiais, das entidades privadas e das persoas físicas os instrumentos oportunos ou unha reprodución deles o máis axeitada posible.

d) Facilitar o emprego dos fondos documentais, gráficos e bibliográficos aos estudosos que o precisen, segundo o regulamento que, tocando ao mesmo, se estableza.

e) Promover a catalogación, protección, conservación e restauración dos monumentos, restos arqueolóxicos, edificacións de interese e paraxes naturais de valor ecolóxico ou paisaxístico que na actualidade se coñecen ou que eventualmente se descubran no futuro dentro do espazo territorial do Valadouro.

f) Crear e manter un Museo no que se recollan as obras de arte, obxectos artesanais, restos arqueolóxicos e calquera outro instrumento de interese histórico, artístico, ecolóxico, relixioso ou costumista do territorio do Valadouro.

g) Convocar premios e concursos, organizar cursos, seminarios, conferencias, certames e actos similares.

h) Elaboración e edición de materiais formativos, revistas, folletos, vídeos e calquera tipo de publicación para a difusión das ideas do SEV sobre a historia, a arte, a xeografía, os costumes, o deporte, a economía, a literatura, o feminismo e a muller, a xuventude, a medicina e a sanidade, a ecoloxía e o paisaxismo, a gastronomía, a cultura e calquera outra manifestación de interese relacionada dalgunha maneira co territorio do Valadouro.

i) Conseguir dotacións económicas que posibiliten a concesión de bolsas ou axudas destinadas á investigación, protección e divulgación de todo tipo de valores culturais, artísticos, ecolóxicos e históricos do territorio do Valadouro.

j) Colaborar con outras entidades e institucións, públicas ou privadas, en actividades e iniciativas que en ningún caso contradigan as fins declaradas nos presentes Estatutos.

k) Realización e promoción de actividades sociais, recreativas, lúdico-deportivas, artísticas, de novas tecnoloxías, xuvenís, de promoción da muller, de asistencia social, tolerancia, medio ambiente, sendeirismo, infancia, consumidores e usuarios, saúde e sanidade, dereitos humanos e calquera outra de similar natureza.

l) Organización de simposios, salóns, bienais, feiras, festas e mercados como recuperación da cultura tradicional.

ll) Organización de cursos para a muller, a xuventude e a terceira idade.

m) Cantas outras actividades lícitas sexan de conveniencia dos intereses comúns dos/as asociados/as.

Advertisements

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s